Julio Yebra-Pimentel, alcalde de Carballedo, non ten as cousas moi doadas no caso que se está a ver no Tribunal Supremo por supostas malversación e falsedade na viaxe de dous autocarers a un mitin do PP. Os transportistas aseguraron ó xuíz que ese desprazamento llelo pagou o Concello.
A testemuña dos dous propietarios de Transportes Manolete, pai e fillo, foi dada a coñecer polo avogado da acusación particular, que exerce o PSOE de Carballedo. Segundo esta fonte, os empresarios declararon que fixeron un viaxe a Santiago con dous autobuses a un mitin de Manuel Fraga na campaña das eleccións xerais de 1993 e que por indicación do Alcalde os gastos desa viaxe os incluíron nunha factura posterior correspondente a unha excursión do colexio a Verín. Dita factura tivo un importe total de 125.000 pesetas, pero só 30.000 era o custo do traslado a Verín cun microbús.
Yebra-Pimentel, ademáis de se-lo Alcalde de Carballedo e candidato nas próximas eleccións, é deputado provincial e Senador. En virtude deste cargo, Yebra é aforado e por ese motivo é o Tribunal Supremo quen está a instruílo seu caso, denunciado hai dous anos polo Grupo Municipal do PSOE de Carballedo.