Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

A túa análise electoral en Vieiros: 14 de maio

Dpaso, Imeneo, A torre da Derrota e Marcus. As primeiras reflexións electorais do blogmillo.

Redacción - 09:00 14/05/2007
Tags: blogs

"Aínda hoxe, o vazquismo comparte coa dereita galega a consideración das políticas de coalición como malformación democrático", comenta Dpaso en Coalicións e outros aborrecementos. "As sondaxes son tan denostadas como tidas en conta e por moito que nos debrucemos nelas nunca estaremos certos de se sirven para representar un estado de opinión, para condicionar as preferencias cidadáns ou para ambos dous fins ao mesmo tempo", indica en A pole position na Gz-8.

"Na miña opinión, e por lóxica, o cambio de goberno tamén chegará ao resto do país: nuns sitios notarase máis e noutros non tanto, pero o panorama será substancialmente diferente", prognostica Imeneo no seu artigo Reflexións previas a unha Galiza que xa é diferente.

"Traducido a número de concelleiros creo que quedaría así: PP 6, BNG 4, PSOE 3. Perdería polo tanto o PP ante unha posible coalición sociata-bloqueira", anuncia Alberte en A Torre da Derrota un posíbel prognóstico para Salceda de Caselas.

"Moita xente coida que o resultado está máis próximo a un PP:6 - BNG: 4 - PSdeG: 3 ou PP: 6 - BNG: 5 - PSdeG: 2, pero eu estimei que o desgaste do PP sería maior ó non contar con poder nin a nivel estatal, nin a nivel autonómico, nin a nivel provincial". Velaí outra análise, desta volta a de Marcus, que nos achega o seu prognóstico sobre Melide.

Agardamos as túas reflexións
Facémosche un convite. En breve estará na rede un Especial Municipais07 e unha vez máis interésanos que as reflexións da bloguesfera teñan visibilidade en Vieiros. Se cadra o teu weblog xa forma parte da lista onde se recollen as últimas novidades do blogomillo, referenciadas na pestana en portada de Vieiros baixo a etiqueta "Blogs".

Non sabemos aínda do teu blog? Se che gusta reflexionar sobre a actualidade e queres que a túa fiestra na rede sexa visíbel desde Vieiros, fainos saber dela. Podes enviarnos un correo a redaccion@vieiros.com.

Agora, gustaríanos en particular incluír ligazón aos posts da túa bitácora que falen desta campaña electoral. O sistema que argallamos recolle automaticamente todos os artigos onde o titular empece coa expresión 'Municipais07', por exemplo: "Municipais07: Vigo e Ourense os fortíns máis cobizados". O mellor analista podes ser ti mesmo: Agardamos polos teus artigos!


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: