Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de cen mortos durante a campaña

Violento proceso electoral en Filipinas

No medio dunha vaga de violencia, 45 millóns de filipinos votan nos comicios lexislativos e locais.

Redacción - 08:00 14/05/2007

Profunda crise política e social en Filipinas, que este luns ten cita coas urnas. As eleccións non deixarán de ser tamén unha avaliación do labor da actual presidenta, Gloria Macapagal Arroyo. Acusacións de corrupción e sucesión de actos violentos foron a norma durante as últimas semanas, con máis dun cento de asasinatos, moitos deles de políticos.

Estes comicios deberán renovar a metade dos 24 asentos do Senado e os 250 escanos parlamentarios. Ademais, arredor de 85 mil candidatos preséntanse buscando algún dos 17 mil cargos públicos en xogo a nivel local. Nos últimos días houbo denuncias de fraude por parte de observadores que critican presión contra grupos da oposición. A coalición denominada Oposición Xenuína tratará de xuntar apoios suficientes para promover unha moción de censura contra a presidenta. Contra o intento xoga a convicción de que o líder na sombra é o ex presidente Joseph Estrada, no medio dun proceso xudicial por uso indebido de cartos públicos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: