Os dous grupos acúsanse mutuamente de iniciar a liorta.
A pasada madrugada do venres ao sábado unha pelexa en Bilbao rematou con seis feridos leves. O incidente iniciouse cando unha concelleira do PP, acompañada dunha amiga e de dous escoltas, estaban a pegar carteis electorais pola cidade. O grupo comezou unha discusión con outro grupo de mozos simpatizantes de Batasuna.
Logo do enfrontamento na rúa, seis integrantes dos dous bandos en litixio acudiron a diferentes centros médicos para seren atendidos de contusións. As dúas partes acúsanse mutuamente das agresións