Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
MUNICIPAIS07

O fortín ourensán do PPdeG comeza a desinchar

Feijoo mitineou en Verín, Francisco Vázquez reapareceu na Coruña e Quintana céntrase nas vilas no inicio da campaña.

Redacción - 12:52 12/05/2007

A provincia de Ourense semella a máis segura para os populares. Aínda así, as cousas van cambiando. O líder dos conservadores galegos, Alberto Núñez Feijoo, viaxou até as terras de Verín para protagonizar canda o incombustíbel Baltar un mitin no pavillón deportivo. Mais as cousas non son iguais a hai catro anos. A pesar de que no recinto había unha lexión de seguidores, comezan a verse os primeiros asentos sen xente, algo inconcebíbel en anteriores comicios. Aínda que a Deputación de Ourense é inexpugnábel, a maior preocupación dos conservadores é a capital da provincia.

O controvertido Francisco Vázquez reapareceu o venres á noite na Coruña para apoiar a Losada. No populoso barrio de Monte Alto, auténtico bastión socialista noutras horas, o candidato pediu “votos e votos” para manter a maioría absoluta. No PSdeG son conscientes da necesidade de arar forte para non verse forzados a unha alianza co BNG. Pola súa parte os nacionalistas de Henrique Tello ven factíbel ese escenario, o maior inimigo para logralo sería a abstención.

Pola súa parte, Anxo Quintana comeza a campaña testemuñando o seu apoio en vilas nas que o nacionalismo xa está a gobernar. O líder do BNG visitou Boiro e As Pontes. Os nacionalistas son conscientes de que ademais de en Pontevedra e Ourense, o futuro pasa por afortalar municipios de tamaño medio onde hai expectativas moi positivas.


4,45/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: