Conferencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega no Concello de Barcelona.
A conferencia anual con motivo das Letras Galegas no Concello de Barcelona, dentro dos actos promovidos pola Federación de Entidades Galegas en Catalunya, irá a cargo do presidente de Real Academia Galega que falará da institución que preside.
O acto contará coa presenza de Katy Carreras-Moysi, concelleira de Relacións Cidadás e Institucionais do Concello, e con Luís Lamas, presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya.
Sábado, 12 de maio, 19.30 h
Conferencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega: "A Real Academia Galega: Pasado, presente e futuro".
Saló de Cent do Ajuntament de Barcelona
P. Sant Jaume, 1