A Mesa denuncia que a Dirección Xeral da Policía vulnera deliberadamente a lexislación lingüística
O sistema informático da Policía mantén na súa base de datos topónimos galegos ilegais como é o caso de “La Coruña”. Aínda que o interesado solicite expresamente que se cumpra a legalidade, os funcionarios limítanse a explicar que non é posíbel porque o sistema informático está centralizado en Madrid.
Para A Mesa, a Dirección Xeral de Policía está a “vulnerar conscientemente” a normativa e reclama que se restaure de xeito inmediato a legalidade. O colectivo pide que se poidan substituir os pasaportes electrónicos que teñan os topónimos deturpados por outro novo sen que isto supoña un custe monetario.
A Mesa considera que a Consellería de Presidencia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén teñen certa responsabilidade xa que “seguen sen distribuir as listaxes da toponimia oficial a todos os departamentos da Administración do Estado”