Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Supera tres mocións de confianza

Olmert consegue manterse no poder en Israel

A crise política israelí non se resolverá de momento coa saída do primeiro ministro.

Redacción - 08:00 08/05/2007
Tags: Israel Olmert

Logo da presentación dos resultados da comisión parlamentaria que avaliou a guerra contra o Líbano lanzada en pasados meses por Israel, os erros atribuídos directamente ao primeiro ministro, Ehud Olmert, semellaban ir forzar a súa saída do executivo.

Con todo, e malia as críticas no seu propio partido, desde onde lle solicitaran a dimisión, Olmert seguirá de momento. Este luns, os laboristas, socios de goberno do propio primeiro ministro, presentaron até tres mocións de censura. A abstención de parte da asemblea parlamentaria e a ausencia de deputados laboristas, evitou que fosen adiante.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: