Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por pouco máis de 50 euros

Xa podes mercar un club de fútbol real e participar na toma de decisións

Unha web inglesa quere xuntar a 50.000 pequenos investidores para adquirir e logo xestionar en comunidade un equipo real.

Redacción - 14:26 07/05/2007

En só oito días a web myfootbalclub xa acadou 9.000 socios, o que supón uns 400.000 euros de cara á compra dun club inglés de fútbol. A idea é bastante sinxela, a páxina quere xuntar a 50.000 usuarios dispostos a investir uns 51 euros para tentar mercar un equipo. Unha vez adquirido o conxunto, os milleiros de socios decidirán vía web todas as decisións de importancia relacionadas co conxunto: fichaxes, once inicial, estilo de xogo, táctica, baixas, etc.

Desde a web sinalan que a cota para participar neste proxecto é máis baixa que calquera entrada para a Premier League, e moito máis que calquera videoxogo de xestión de clubs de fútbol.

De momento, camiño dos 10.000 socios, o equipo preferido para mercar é o Leeds United, un clásico do fútbol inglés gañador de varias ligas e de dúas copas da Uefa. Os ‘Whites’ descenderon esta mesma semana ao que sería a Segunda B do fútbol español.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: