Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Cultur.gal, do 10 ao 13 de maio

As industrias culturais galegas reúnense en Pontevedra

O actor Quico Cadaval será o encargado de ler o pregón da feira que organiza a Asociación Galega de Editores.

Redacción - 14:09 07/05/2007
Logotipo da feira

Logotipo da feira

A Feira do Libro e da Industria Cultural, Cultur.gal, que organiza a Asociación Galega de Editores, arranca este xoves en Pontevedra. Durante catro días, reuniranse no Pazo da Cultura representantes de todos os sectores desta industria, que cada vez ten máis importancia no país.

A feira está dirixida tanto a profesionais como á cidadanía en xeral, que poderá coñecer e mercar todo tipo de produtos relacionados coa cultura, dende libros até soportes audiovisuais, informáticos e mesmo artesanía do papel. Paralelamente, desenvolveranse eventos e actividades, algunhas delas pensadas especialmente para o público infantil.

Os actos abriraos o xoves ao mediodía o actor Quico Cadaval, que dará un pregón no Café literario. Xa pola tarde, sucederanse proxeccións de curtametraxes, longametraxes e documentais e falarase sobre a dobraxe cinematográfica e sobre os desafíos da cultura galega na internet.

Ese mesmo día presentarase o novo disco en directo de Cristina Pato e Mutenrohi, haberá un recital poético, Camilo Franco e Magín Branco presentarán a exposición Palabras contadas e Mofa e Befa darán un espectáculo no Auditorio.
Todas as actividades, as exposicións e a programación reservada aos cativos pódense consultar na web de Cultur.gal.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: