Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Falta de acordo no Parlamento

Gül retira a súa candidatura á presidencia de Turquía

O ministro turco de Asuntos Exteriores anunciou a decisión logo de que o seu partido non lograra o quórum necesario no Parlamento para elixilo.

Redacción - 19:30 06/05/2007
Abdullah Gül

Abdullah Gül

O Parlamento de Ankara continúa sen determinar un novo presidente de Turquía. Este domingo, o boicot da oposición laica provocou que na cámara non houbese o quórum necesario para levar a cabo a elección.

O único candidato, o islamita moderado Abdulá Gül, ministro de Exteriores do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP), anunciou á vista dos resultados que non se presentará ás eleccións presidenciais: “Despois disto a miña candidatura é imposíbel”.

A oposición laica non apoiou a candidatura de Gül polo carácter islamita moderado do AKP e debido a que a formación controla xa o Goberno e a Presidencia do Parlamento. O exército tamén lembrou esta semana que o “esforzo enmascarado do islamismo” por facerse co control político en Turquía é “un desafío aberto ao Estado”.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: