Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións ao Parlamento escocés

Nacionalistas e laboristas pelexan voto a voto pola vitoria

O reconto de papeletas continúa nos colexios electorais. Polo momento, malia a espectacular subida do nacionalismo, o Laborismo mantén o tipo fronte aos de Alex Salmond.

Redacción - 18:10 04/05/2007

A falta de 22 escanos por se decidir, as espadas están no alto. Laboristas e nacionalistas están empatan a 40 escanos. O escrutinio está a ser cuestionado polo Partido Conservador, debido a anulación de ao redor de 100.000 papeletas.

O primeiro ministro de Escocia, Jack McConnell sinalou que as predicións de que o Partido Nacional Escocés obtería unha espectacular vitoria foron "algo pretensiosas", segundo informa a BBC.

Asemblea Nacional de Gales e municipais inglesas

Por outra banda, o reconto nas eleccións á Asemblea Nacional de Gales finalizou coa vitoria do Laborismo, malia perder tres escanos respecto ás últimas eleccións. Estes conseguiron 26 representantes por 15 dos nacionalistas do Plaid Cymru. Aínda así, todo indica que os acordos e coalicións entre os partidos serán inevitábeis.

Por último, nas municipais inglesas, despois de 282 concellos escrutados de 312, o triunfo dos conservadores, con 148 gañados momentaneamente por 31 dos laboristas e 21 dos liberal-demócratas, é incontestábel.

Os resultados definitivos no se coñecerán até este venres á noitiña.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: