Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nova etapa

Marta Souto toma posesión do cargo de directora xeral para o Deporte

Asegura que asume este reto “con moita ilusión” e que “é un punto e seguido na política deportiva da Consellería de Cultura e Deporte”.

Redacción - 17:41 04/05/2007
Domínguez, Bugallo e Souto

Domínguez, Bugallo e Souto

Na mañá deste venres celebrouse o acto de investidura de Marta Souto González como directora xeral para o Deporte. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, agradeceu o traballo do predecesor no cargo, Santiago Domínguez, “a prol do deporte galego, tanto de base coma de elite, e que quedará na mente de todos".

Segundo Bugallo, a chegada de Marta Souto á Dirección Xeral marca "unha nova etapa na que a constante será a continuidade", e destacou, por unha banda, a súa traxectoria persoal, vencellada a distintos ámbitos do deporte, así como a simboloxía de que sexa unha muller a que dirixa o Deporte Galego, continuando co labor da procura da igualdade no deporte.

Pola súa parte, Marta Souto González destacou na súa presentación que coñece de preto o equipo co que traballou Santiago Domínguez Olveira durante o tempo que durou a súa xestión na Dirección Xeral. Neste senso, dixo sentirse "agradecida pola confianza do nomeamento por parte da conselleira, e ilusionada ante esta nova andaina na política deportiva do noso país”. A directora xeral asegura que “estamos nun punto e seguido, xa que continuaremos as liñas programáticas establecidas polo BNG para o deporte galego" e que axudaron a "que se cumprisen moitos dos soños da xente do deporte".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: