Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
POLO CASO DA ENTREGA DE CHEQUES ASISTENCIAIS

Dimite o delegado da Fundación Galicia Emigración en Uruguai

Xosé Antón Fernández é o máximo cargo do PSOE naquel pais

Redacción - 10:01 04/05/2007

A treboada política que se ergueu pola xestión de cheques asistenciais entre emigrantes en Montevideo xa levou por diante outro cargo político. O delegado da Fundación Galicia Emigración en Uruguai, Xosé Antón Fernández, presentou a súa dimisión. Fernández, que tamén é o máximo representante do PSOE no país sudamericano, deixa o cargo poucas horas despois de que o fixera Pilar Pin, directora da controvertida fundación. Segundo o xornal La Voz de Galicia, o cargo socialista presentou a súa renuncia o mesmo mércores, mais ista non acabou por materializarse até o xoves.

A polémica entrega en man dos cheques asistenciais foi visto por todos os partidos como un acto partidista con medios públicos. O PPdeG comezou unha ofensiva na que xa solicitou o cese do Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, e até lle pide responsabilidades directas ao conselleiro da Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu. O sucedido tamén está a dificultar as relacións cos nacionalistas, que acusan ao PSdeG de herdar o “modus operandi” dos populares.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: