O acordo de goberno entre o DUP e o Sinn Féinn propiciou a decisión.
Mural do UVF nunha rúa de Belfast, 2005
O histórico dirixente da UVF Gusty Spence asegura que a organización só manterá algunhas armas depositadas nun lugar seguro “baixo o control da cúpula”. O comunicado afirma que a decisión faise para “devolverlle unha democracia responsábel ao pobo de Irlanda do Norte”
O acordo de goberno entre o DUP de Ian Paisley e o Sinn Féin de Gerry Adams facilitou a decisión. Cabe lembrar tamén que o IRA destruiu o seu arsenal militar en 2005.