A Consellería investirá 60.000 euros para protexer bens como o edificio da Reitoría e outros do campus de Elviña, así como a recuperación de toponimia tradicional.
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, asinaron un convenio de colaboración que servirá para difundir e dar a coñecer o proceso de construción do edifico da Reitoría: realizarase un estudo histórico-documental sobre zona no pasado, integrando os restos das murallas renacentistas.
Outras zonas do campus próximas ao Castro de Elviña e á igrexa románica de San Vicenzo, ambos os dous declarados Bens de Interese Cultural, serán tidos en conta á hora de levar adiante esta posta en valor. E outro dos proxectos é a catalogación dos edificios que forman parte do campus de Riazor.
O convenio non esquece o patrimonio inmaterial: a microtoponimia tradicional merece tamén esa salvagarda, e para iso serán recompilados os nomes empregados dende vello para denominar estes lugares, co fin de motivar á recuperación do seu uso.