Estímase que a metade dun cerebro de rato ten uns 8 millóns de neuronas e cada unha delas pode ter ata 8.000 conexións con outras fibras nerviosas.
O equipo do laboratorio de investigación de IBM e da Universidade de Nevada realizou a simulación no supercomputador BlueGene L que ten 4.096 procesadores, cada un con capacidade de 256MB de memoria. Usando esta máquina os investigadores crearon un cerebro virtual de rato que tiña 8.000 neuronas con até 6.300 conexións.
A simulación permitiu operar durante 10 segundos a unha velocidade dez veces máis lenta que na vida real - o equivalente a un segundo na vida dun rato de verdade.
O tecido nervioso presenta inmensos problemas para ser simulado debido á complexidade e ó inmenso número de interaccións potenciais entre os elementos involucrados.
Estímase que a metade dun cerebro de rato ten uns 8 millóns de neuronas e cada unha delas pode ter até 8.000 sinapses ou conexións con outras fibras nerviosas.
Noutras simulacións máis pequenas, os investigadores din que detectaron características de patróns de pensamento observados nos cerebros de ratos verdadeiros.
O equipo científico agora está a refinar a simulación para a facer operar máis rápido e para que se pareza máis a un rato real.
Inmensa complexidade
Aínda que a simulación puido ter algunhas comparacións coa estrutura mental dun rato en termos de nervios e conexións, non tiña as estruturas que se detectan no cerebro real de ratos.
Futuros experimentos esperan acelerar a simulación e aumentar estruturas como as que se encontran nos cerebros de ratos.