Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rede de Alerta contra o Deserto Verde

A eucaliptización zoupa tamén en Brasil

Activistas brasileiros estarán este sábado 5 de maio coa Asociación pola Defensa da Ría na marcha contra a celulosa pontevedresa. Un día antes, proxectan en Galiza o seu documental "Luta Qilombola".

Redacción - 12:00 02/05/2007



A Rede de Alerta contra o Deserto Verde do Brasil xunta a colectivos, sindicatos e comunidades locais diversas de até cinco estados brasileiros diferentes. Todos eles teñen en común a preocupación pola expansión das plantacións de eucalipto na zona.

Xuntos traballan pola defensa de alternativas de desenvolvemento promovidas por comunidades locais e que demostraron a súa viabilidade. Até o 17 de maio levarán por varios lugares a súa caravana multimedia, coa fin de crear vínculos entre movementos que en Portugal e Galiza traballan en proxectos parecidos.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: