Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OUTRO PUNTO DE VISTA

O ollo biónico pode devolver a vista aos pacientes cegos

O experimento baséase nun chip informático que se sitúa na parte traseira do ollo humano.

Redacción - 17:06 25/04/2007

Científicos en Estados Unidos deseñaron un ollo biónico, que lles permitiría ás persoas cegas recuperar a visión, mediante un chip informático colocado na parte traseira do ollo humano.

En estado normal, o ollo ten millóns de células que converten a luz en sinais eléctricos, que logo son enviadas ao cerebro, a través do nervio óptico, onde son interpretados. Moita xente perde a vista paulatinamente, debido ao mal funcionamento destas células. Nalgúns pacientes, esas células están estragadas, pero en cambio, as conexións co cerebro mantéñense intactas. Aquí é onde o uso destas investigacións pode achegar enormes beneficios.

O chip funciona a través dunha conexión cunha mini cámara de video construída dentro dos lentes que debe usar a persoa. As imaxes son captadas pola cámara e procesadas polo chip para logo trasladar a información por medio de impulsos que o cerebro pode interpretar. Aínda que as imaxes producidas polo ollo artificial están lonxe de ser perfectas, son o suficientemente nítidas para permitir a unha persoa con discapacidade visual recoñecer rostros humanos e obxectos.

Os avances neste campo beneficiarían a aqueles pacientes que actualmente son cegas, por mor dun accidente ou por dexeneración macular. Nestes pacientes o ollo deixou de funcionar, pero os centros da visión no cerebro están intactos. Porén, aínda hai dúbidas sobre a súa posibilidade de aplicación nos seres humanos.

A incógnita máis preocupante é se o cerebro poderá interpretar os diferentes tipos de sinais eléctricos enviados polas células artificiais. Os médicos suxiren que, aínda que isto sexa posible, pode resultar un proceso longo para o paciente. O implante na retina contén diminutos electrodos. Se un estimula un, a persoa verá un só punto de luz. Ata o momento probouse o mecanismo cun número reducido de electrodos, pero espérase que a versión final conteña entre 50 e 100 electrodos para ofrecer un panorama máis completo.

A tecnoloxía do microchip poderá, no futuro, restaurar a visión dos pacientes con enfermidade retiniana externa.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: