 
 
O actor lugués estará situado no posto número 12 da papeleta nacionalista.
 
											Luís Tosar
O actor Luís Tosar estará no número 12 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego ao concello de Castro de Rei. A lista encabézaa o empresario de 28 anos Xurxo Balado, que aspira a se converter en alcalde do municipio lugués. 
  Xa non é a primeira vez que Tosar forma parte dunha lista do BNG nunhas eleccións, pois xa figurara nela nos pasados comicios ao parlamento europeo. Aínda que naceu en Xustás (Cospeito), o actor pasou a súa nenez en Castro de Rei, onde a súa familia rexentaba un bar. A candidatura péchaa a catedrática de Comunicación Audiovisual da USC Margarita Ledo, no posto número 13.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto