Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EMI APOSTA POR DISTRIBUÍR CON P2P, A TRAVÉS DE QTRAX

Atenderías publicidade se a cambio che deixasen descargar música de balde?

Ao usuario sempre se lle pide algo a cambio, aínda que non sexa diñeiro.

Redacción - 12:06 24/04/2007

En Internet tamén vale o de "ninguén regala nada". Desde os medios de comunicación ata os programas que se descargan desde a Rede utilizan a publicidade como moeda de cambio. Sería moi curioso ver como unha discográfica non só aproveita a tecnoloxía das redes P2P senón que se aproxima un pouco ó modelo do antigo Napster ou Kazaa: descargas gratuítas a cambio de publicidade no cliente.

É posible que haxa que darlles a razón ós que afirmaban que seguir pagando os prezos de sempre por un CD, cando os gastos de distribución desapareceron, era insostible. Ante a imposibilidade das compañías discográficas por frear as descargas de arquivos a través das redes P2P, alíanse co seu inimigo para combatelo e propoñen un sistema de descarga de música gratis a cambio de publicidade. Este é o modelo de Qtrax, unha empresa que chegou a acordos con discográficas como EMI e Warner Music. EMI porá o seu catálogo en QTrax.

Pero o máis interesante é que QTrax ten un modelo dobre para comercializar contidos: pago por descarga e o de descargas gratuítas con publicidade no cliente. Iso si, o modo "gratis con publicidade" non é en absoluto comparable ás redes P2P "tradicionais": as cancións descargadas son reproducibles un número limitado de veces (veñen con DRM) e o sistema acosa ó usuario con continuos pop-up para que se pase á versión de pagamento. Esta é similar á maioría das tendas de música online en prezo e en limitacións por DRM. O que non se sabe e se EMI aceptará que as súas cancións se descarguen sen pagamento aínda que sexa para ser escoitadas un número limitado de veces. Con este novo modelo preténdense substituír aqueles servizos considerados como ilegais por sistemas que, como Qtrax, funcionan igual que calquera P2P, pero están amparados pola legalidade e apoiados polas discográficas.

A cuestión agora é se os beneficios obtidos da publicidade serán suficientes ou non, para custear os royalties, aínda que, sen dúbida, este parece un bo momento, tendo en conta o actual boom da publicidade por Internet.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: