Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LIÑA ESPECÍFICA DE APOIO PARA AS COMPAÑÍAS DE SOFTWARE

Catro millóns en axudas TIC a repartir entre empresas e asociacións

A organización de xornadas ou a compra de equipamento informático son dúas das actuacións subvencionábeis nas convocatorias que publica hoxe o DOG

Redacción - 11:02 24/04/2007

O DOG publica hoxe dúas liñas de subvencións para novas tecnoloxías. A primeira está destinada a empresas e conta cun orzamento de tres millóns de euros. A segunda dispón de 1,2 millóns para que entidades sen ánimo de lucro organicen eventos, cursos e xornadas relacionadas coa sociedade da información.

Entre os investimentos subvencionábeis para as empresas está tanto a adquisición de equipamento informático -por exemplo, servidores- como a adaptación de programas informáticos, tanto de código aberto como propietarios. Ademais, existe unha liña de apoio específica para as empresas que desenvolvan programas informáticos. Tamén se poderán pedir subvencións para sufragar os custos de formación dos empregados en materias tecnolóxicas.

Para asociacións
Á segunda convocatoria poderanse presentar entidades sen ánimo de lucro, incluídas as universidades. As asociacións poderán pedir cartos públicos para organizar eventos (cursos, xornadas, etc.) relacionados coa promoción das novas tecnoloxías. Tamén poden solicitar a colaboración para dotar aulas de informática.

Todos os detalles das dúas liñas de subvencións pódense consultar no DOG e tamén nos teléfonos da Consellería de Industria 981544341, 981545583 e 981 545535.

O 25 de maio remata o prazo para presentar as solicitudes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: