Coa abstención dos deputados republicanos, a maioría demócrata nas dúas cámaras estadounidenses deseñou un proxecto para a retirada de tropas de Iraq en seis meses.
"Sobre Iraq, a maioría dos cidadáns queren unha nova dirección, e nós estamos proporcionándolla", afirmou Parry Murray, senadora demócrata e integrante do equipo negociador que deseñou esta iniciativa.
Harry Reid, líder demócrata no Senado, acusou a Bush de non querer ver a realidade do que está acontecendo en Iraq despois de catro anos e a morte de máis de tres milleiros de soldados estadounidenses. O proxecto demócrata propón unha retirada "gradual" das tropas que comezaría o próximo 1 de outubro. Desde a Casa Branca xa anunciaron que o presidente dos EUA vai vetar "calquera medida que conteña condicións para a recondución da guerra en Iraq".
Recomendámoslles ampliar en The New York Times.