O museo vigués acollerá desde finais desta semana e até xuño unha exposición de obras do pai do pop-art.
O público que visite o museo vigués poderá gozar de balde dunha mostra de entre 30 e 40 obras do artista norteamericano pertencentes a unha colección privada. Tal e como adiantou este luns o concelleiro de Cultura vigués, Ignacio López Chaves, a exhibición se inaugurará “a finais desta semana” e permanecerá durante un mes me medio neste museo situado na praia de Samil.
Na exposición destaca a presenza dunha colección de serigrafías e creaccións colectivas xunto con outros seguidores que traballaron en ‘Factory’ o seu taller e residencia. Sen dúbida, unha das pezas máis importantes de Warhol que se exporán no museo vigués será a ‘Cadeira Eléctrica’.