 
A web do concello recolle nun artigo a historia da torre do Castro, fortaleza destruída en 1467.
 
											Fortaleza de Sandiás
Están a piques de cumprírense os 540 anos da revolta irmandiña. Para conmemorar a efeméride, o concello de Sandiás, na Limia, está a difundir na súa páxina web un artigo que lembra a historia do monumento máis senlleiro do termo municipal. 
  A revolución de 1467, na que os habitantes das vilas e das aldeas se rebelaron contra a nobreza destruíndo castelos e torres por todo o país, tamén deixou en ruínas a fortaleza de Sandiás. Construída no século XII sobre un antigo castro, de aí que a súa denominación popular siga a ser Torre do Castro, é un dos monumentos máis salientábeis da zona. 
  No artigo da web municipal cóntanse as posíbeis orixes da construción e as guerras fronteirizas entre Castela e Portugal en que se viu envolvida. Actualmente só se conserva parte da torre da homenaxe.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto