Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cre que o modelo actual e propio dunha "república bananera"

Quintana, a prol de limitar o voto emigrante ás xerais

O voceiro nacional do BNG asegura sentirse “contento” de que este debate “saia á luz pública” xa que é un “clamor” en Galiza.

Redacción - 12:22 22/04/2007
Jorquera tamén apoia a proposta de Blanco

Jorquera tamén apoia a proposta de Blanco

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, pediulle este sábado ao secretario de Organización do PSOE, José Blanco, que se comece a traballar “de inmediato” para que nas próximas eleccións xerais poida estar modificado o modelo de votación dos emigrantes, xa que considera o actual como propio dunha “república bananera”.

No acto de presentación da candidatura de Santiago Domínguez á alcaldía de Vigo, Quintana referiuse á proposta de Blanco de limitar o voto exterior ás eleccións xerais. Nesta liña, aposta por un cambio no “fondo e a forma” do actual sistema de dereito a voto e que permita desenvolver un modelo “democrático transparente, universal e secreto”.

O líder nacionalista asegurou que, dentro do respecto polos colectivos da diáspora, "o que non se entende é que o neto dun emigrante que non naceu nin vive nin ten intención de volver a Galiza poida elixir o alcalde do pobo do seu tatarabuelo".

Quintana acusou tamén o Partido Popular por non preocuparse de dotar de servizos e dereitos a este colectivo durante os seus anos de goberno, malia “si estar preocupado en utilizalo como mercadoría electoral”. Ao mesmo tempo, cargou contra os populares por manter unha lei que "é un auténtico escándalo antidemocrático" e da que considerou que falta ao respecto aos propios emigrantes.

Jorquera lamenta a reacción de Touriño

En relación a este tema, o coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, asegurou en declaracións aos medios de comunicación que a proposta de José Blanco “vai na boa dirección” e que “agora é o momento de pasar das palabras aos feitos”. Porén, o nacionalista lamentou a “decepcionante” reacción do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, sobre a proposta do seu líder a nivel estatal.

Jorquera cre que “para o BNG, a situación á que se chegou en Galiza co voto dos emigrantes é tan escandalosa que está ameazada a credibilidade da democracia, polo que se require realizar reformas legais claras e contundentes”.


4,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: