Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS 315 CONCELLOS

A Fiscalía do TSXG revisa os censos electorais ao haber indicios de irregularidades

A investigación tamén se estende aos axentes electorais que os partidos teñen no exterior

Redacción - 09:33 19/04/2007
Electores nas cabinas

Electores nas cabinas

A pouco máis dun mes dos comicios municipais, as denuncias por presuntas irregularidades nos censos e no sufraxio emigrante están outra volta enriba da mesa. Logo da forte polémica e das graves acusacións das últimas semanas, o xornal La Voz de Galicia revela esta quinta feira que a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mandou investigar os censos electorais dos 315 concellos do país. O departamento xudicial ten indicios de que o listado de votantes de determinados municipios pode estar inflado.

Mais a investigación tamén abrangue o voto emigrante. Segundo a mesma información, hai axentes que estarían a investigar a existencia de axentes electorais a soldo nos países da diáspora. Estes intermediarios son os encargados de facer campaña en países onde hai unha forte presenza de emigrantes e, segundo se ten denunciado numerosas veces, incluso “xestionan” o dereito ao sufraxio.

Por outro lado, o goberno central anunciou que a reforma do sistema de voto emigrante non vai ser posíbel antes de 2008 e hai quen teme que, en todo caso, non vai ser antes das eleccións estatais. O Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) con dereito a voto en Galiza ten nestes momentos máis de 315.000 inscritos e prevese que a curto prazo aumente até o medio millón de votantes


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: