O ex campión mundial de xadrez, que encabeza a coalición opositora ‘A Outra Rusia’, era un dos organizadores da marcha contra o goberno de Vladímir Putin.
Garry Kasparov
A chamada ‘Marcha dos disidentes’, que na noite deste venres tentaba amosar o descontento da oposición coa xestión do presidente ruso, foi disolta por preto de 9.000 axentes da policía antidisturbios pouco antes de que comezase na praza de Pushkin. O xadrecista foi detido pouco xunto con outros 170 manifestantes.
Segundo un portavoz da policía, Garry Kaspárov estaba a realizar “accións claramente provocadoras”. Pola súa parte, o mítico campión asegurou que as forzas "antidisturbios atacaron sen reservas os cidadán de Rusia. A cidade está, de feito, en estado de sitio”.
Entre os detidos tamén se atopan o líder da xuventude do partido liberal da oposición Yábloko, Iliá Yashin, e María Gaidar, filla do ex primeiro ministro ruso Yegor Gaidar e dirixente do movemento xuvenil ‘Da’, Si. Segundo fontes da oposición, a policía, que se empregou duramente con algúns manifestantes, tentou tamén deter ao ex primeiro ministro Mikaíl Kasiánov, dirixente de ‘A Outra Rusia’, aínda que a presenza de membros da súa corpo de seguridade persoal o impediron.