Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ESTÁN ADESTRANDO MÁIS DE 100 PORTAVOCES INDIXENAS

Distintos grupos étnicos indixenas terán programas de radio propios

Todos os días, de luns a venres, ás 3:50 p.m., mozos de distintos pobos e comunidades indíxenas de Venezuela, presentan un reporte dos feitos acontecidos nas súas comunidades a través do Noticiario Indíxena, espazo intercultural multilingüe, que Radio Nacional de Venezuela incorporou ao seu programación a partir do 2 de febreiro de 2007, polo sinal da canle Informativa, con cobertura nacional. Preténdese capacitar a 100 portavoces comunitarios indíxenas para finais de setembro de 2007, como parte dunha xornada de formación que se iniciou en febreiro para consolidar unha rede informativa que chegue a todo o territorio venezuelano.

Xurxo Martínez Crespo - 11:27 13/04/2007

Un saúdo en Wayuu, Warao, Kariña, Pemón, Pumé, Guazabara, Chaima e Jivi, idiomas dos grupos orixinarios asentados no territorio venezuelano, serve de limiar en cada emisión. Sen guións predeseñados, nin textos técnicamente estruturados, segundo ás regras xornalísticas, estes homes e mulleres, cuxo dereito á participación e información nos medios de difusión social foilles negado durante anos, hoxe expoñen o diario acontecer dos seus pobos.

Durante os dez minutos de emisión, cada voceiro realiza o reporte na súa lingua orixinal e en español. Isto co obxectivo de preservar e dar a coñecer a súa cultura. Actualmente contan con 40 delegados nos estados Amazonas, Anzoátegui, Apure, Bolivar, Sucre, Monagas, Mérida, Trujillo e Zulia; zonas onde se rexistra un maior número de habitantes pertencentes a estes grupos étnicos orixinarios de Venezuela.

O coordinador do Noticiario Indíxena, Jesús González, explicou que a proposta para a saída ao ar deste espazo foi presentada á dirección do Circuíto, logo de ser asesor nun programa de capacitación de voceiros audiovisuais, promovido pola Dirección de Asuntos Indíxenas, do Ministerio de Educación, no 2006, que tivo lugar en Delta Amacuro. Despois de aprobada e posta en marcha en febreiro de 2007, sae a primeira emisión coa participación de 10 delegados rexionais.

Este proxecto, referiu González, "é de cada un dos habitantes destes grupos étnicos e non de Radio Nacional de Venezuela. Naceu da necesidade de sacar da invisibilidade aos pobos indíxenas, de expoñer ante os demais todas as necesidades que teñen, de ocupar os espazos de participación consagrados na Constitución Bolivariana de Venezuela; e para demostrar que están en capacidade de adaptarse aos cambios que experimenta o Estado, sen perder a súa identidade".

Á vez do Noticiario Indíxena, a directiva do Circuíto, emprendeu en febreiro deste ano un programa de capacitación en materia comunicativa, dirixido a mozas das diferentes poboacións indíxenas, que ten como meta para finais de setembro de 2007, lograr a formación de 100 portavoces , a través do obradoiro Voceiros Comunitarios Indíxenas. Esta iniciativa, que vai pola súa terceira edición, preparou até o momento a 60 homes e mulleres dos grupos orixinarios asentados no Distrito Capital, Zulia e Mérida, zonas onde se levou a cabo o adestramento.

Para o mes de setembro, segundo o coordinador do Noticiario Indíxena, realizarase en Caracas a Xuntanza Nacional de Voceiros Comunitarios Indíxenas, que tenta agrupar a todos os portavoces espallados en Venezuela para consolidar unha verdadeira rede informativa en todo o país e garantir o dereito á información dos pobos indíxenas.


4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Indixena da étnia wayuu. Xurxo Martínez Crespo. Península de Perijá
Indixena da étnia wayuu. Xurxo Martínez Crespo. Península de Perijá