 
A tenista pontevedresa está entre as seleccionadas para enfrontarse a Rusia na eliminatoria de cuartos de final da Fed Cup.
Será o 21 e 22 de abril en Moscova cando a galega Lourdes Domínguez tente superar o complicado crucee ante as rusas. Domínguez, que esta semana participou tamén no Torneo de Charleston, loitará por un posto nas semifinais da prestixiosa competición xunto con Nuria Llagostera, Laura Pous e Anabel Medina.  
 
 A Fed Cup é o equivalente feminino á Copa Davis, dispútase entre países desde o ano 1963. En cada edición son aproximadamente cen os equipos inscritos. Cada eliminatoria está composta por catro partidos individuais e un de dobres. 
 
 Rusia e a selección estatal xa se enfrontaron en catro ocasións na Fed Cup desde 1982, cun claro dominio das rusas, que acadaron tres triunfos por un das españolas. 
 
 A eliminatoria xogarase no pavillón “Luzhnuki” e será retransmitida por TVE. O primeiro partido comezará o sábado ás 11:00 h, co enfrontamento entre a número un e dous de cada equipo
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto