Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Servizos básicos en precario

O boicot económico afoga os palestinos na pobreza

Un estudo de Oxfam cualifica de "devastador" o impacto na sociedade civil da suspensión das axudas internacionais.

Redacción - 08:00 13/04/2007

Familias que se ven asolagadas polas débedas, cativos que son sacados das aulas e comunidades enteiras que se ven privadas de acceso aos servizos sanitarios. Son exemplos da situación da poboación palestina desde que a vitoria de Hamás nas últimas lexislativas iniciou o boicot económico e pechou a billa das doazóns desde Estados Unidos, Canadá e a Unión Europea.

"A axuda internacional debera ofrecerse de forma imparcial en función da necesidade, non como arma para cambiar as políticas dos gobernos", laiábase esta semana un dos responsábeis internacionais do colectivo. O escenario socioeconómico palestino agravouse significativamente desde o comezo do boicot, con catro de cada cinco familias perdendo en pouco tempo máis da metade dos ingresos cos que contaban até o momento.


Ligazóns

3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: