Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Los Ronaldos, Melendi e sete grupos máis en Compostela

Noite de concertos na capital

Entre tanto, na Coruña soará a música africana de Ray Lema.

Redacción - 19:14 12/04/2007

Compostela convértese o mércores á noite na capital tamén musical de Galiza, con catro concertos. O máis madrugador será o cantautor Xoán Curiel, que ofrece un concerto ás oito e media do serán no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, como parte do programa Revelando voces.

Ás dez e media da noite, Los Ronaldos presentan na sala Capitol o seu primeiro traballo en trece anos, o EP Cuatro canciones. Este é o vídeo dun dos seus novos temas, No puedo vivir sin ti:



Terán que competir con dous triplos concertos, na sala Nasa e no Multiusos Fontes do Sar. No pavillón desenvólvese o Spring Festival a partir das nove e media da noite. Estarán Nena Daconte, Algunos Hombres Buenos e mais o asturiano Melendi. Asemade, ás dez, na Nasa conflúen tres bandas ferrolás: Quant, Bang 74 e Boy Elliott, nunha nova edición dos concertos espaciais que organiza conxuntamente coa Reixa.

Na Coruña actúa a partir das nove o cantante da República Democrática do Congo Ray Lema, dentro do ciclo Música con raíces, de Caixanova. A cita é no teatro Rosalía de Castro. Mentres, a Rede Galega de Música ao Vivo organiza cinco concertos, que se poden consultar na súa web.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: