Supón un incremento de máis do dobre, con respecto ao ano pasado, no relativo ás prazas correspondentes a escalas da Administración xeral e corpos da especial.
O Consello da Xunta aprobou este xoves a oferta de emprego público para o ano 2007, que inclúe un total de 1.035 prazas. Esta oferta supón un incremento de máis do dobre, con respecto ao ano pasado, no relativo ás prazas correspondentes a escalas da Administración xeral e corpos da Administración especial. Ademais, a oferta de emprego público deste ano eleva a cota de acceso para discapacitados ao 7%.
A oferta de emprego público inclúe as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes. O decreto aprobado dispón que se durante o exercicio orzamentario de 2007, como consecuencia de reestruturacións, resolución de procesos de provisión ou da publicación de novas relacións de postos de traballo, quedasen máis prazas vacantes poderán incluírse nunha oferta complementaria.
Persoal de novo ingreso
A oferta de emprego público comprende prazas para persoal de novo ingreso correspondentes a distintos corpos e escalas da Administración xeral e especial e tamén distintas categorías de persoal laboral fixo. Neste sentido, inclúe 477 prazas para a Administración xeral repartidas en 374, para corpos xerais, e 103, para escalas da seguinte maneira:
Corpos xerais: