Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Convidado polo Club Internacional de Prensa

Juan Cruz reflexiona sobre xornalismo e literatura

O xornalista canario aborda a semellanza entre os dous xeitos de escribir cando se trata de afondar nas identidades propias e alleas, nunha nova conferencia do ciclo 'Os encontros do Club', este xoves 12 ás 20.00 na Fundación Caixa Galicia en Vigo.

Redacción - 09:58 10/04/2007

O xornalista, escritor e editor canario Juan Cruz protagoniza a próxima cita coa actualidade no ciclo 'Os encontros do club', organizado polo Club Internacional de Prensa. A súa conferencia, “Para saber dos outros”, terá lugar o xoves 12 de abril ás 20.00 no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Vigo (Policarpo Sanz 21), introducida polo escritor galego Xavier Seoane. Cruz falará do xornalismo como ferramenta que serve para ordenar a vida: “Escribir, de un, dos outros, proporciónanos unha metáfora do mundo; o traballo sobre os materiais autobiográficos non é diferente ao traballo sobre materiais alleos. Así que a autobiografía, que eu practico, e o xornalismo, que é a miña vocación e o meu oficio, sempre foron xuntos. Entrevistando souben máis de min. Preguntar é coñecerse”.

Juan Cruz naceu en Tenerife, estudou xornalismo e Historia, e comezou a escribir en prensa aos 13 anos, no semanario Aire Libre. Era seleccionador de fútbol e crítico deportivo. Pouco despois entrou nas redaccións de La Tarde e El Día, onde desenvolveu tódalas tarefas imaxinables en xornalismo. Foi un dos fundadores de El País, e para este xornal foi correspondente en Londres, xefe de Opinión e redactor xefe de Cultura. Coordinou os proxectos do Grupo Prisa para 1992, o Proxecto Leonardo e a serie Europa América que publicou El País Semanal, dirixida polo profesor John H. Elliott. Recentemente nomeárono novo adxunto á dirección para Comunicación e Relacións Exteriores.

Como novelista, foi Premio Benito Pérez Armas de novela en 1972, con Crónica de nada hecha pedazos; Premio Azorín con El sueño de Oslo (1988) e Premio Canarias 2000 de Literatura. Publicou tamén Edad de la memoria, Naranja, Retrato de humo, Cuchillo de arena, En la azotea, o libro de contos Serena, o ensaio Exceso de equipaje, a Memoria de El País, La foto de los suecos, El peso de la fama, Una historia pendiente (novela), Contra la sinceridad (Martínez Roca) e La playa del horizonte. O seu último libro é Retrato de un hombre desnudo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: