Unha xuíza federal estadounidense outorgou onte venres a liberdade baixo fianza ao terrorista Luís Posada Carriles, quen pese a participar no atentado dun avión con 73 persoas a bordo en 1976, só é xulgado pola xustiza de Estados Unidos por delitos de inmigración.
Axencias internacionais de noticias reportaron que o fallo da maxistrada Kathleen Cardone inclúe o consentimento de que Posada Carriles «resida na cidade de Miami, Florida, até que se realice un xuízo por ingresar a territorio estadounidense con documentación falsificada».
Inda así, Posada Carriles continuará detido e será entregado ás autoridades de Inmigración debido a que foi adiada a orde de deportación que ten a consecuencia da súa entrada ilegal a EUA.
No dictame deste día fixouse unha fianza de 250 mil dólares e 100 mil dólares adicionais que garantan que o terrorista de orixe cubana con nacionalidade venezuelana regresará ao tribunal para enfrontar o xuízo do 11 de maio por presunta fraude e por mentir na súa solicitude de cidadanía.
No fallo indícase que Posada Carriles deberá residir na súa casa en Miami as 24 horas e poderá saír dela só para asistir a consultas médicas e para reunirse co seu avogado con previa autorización do funcionario a cargo do seu caso.
Tamén deberá ter un dispositivo electrónico para que os seus movementos sexan seguidos e non poderá ter contacto con ningunha das persoas involucradas no seu caso.
A maxistrada Cardone emitiu o dictame tras determinar que Posada Carriles non representa un risco de fuga nin un perigo para a comunidade malia que os gobernos de Cuba e Venezuela reclaman a súa extradición para ser xulgado pola súa responsabilidade no atentado do voo 455 da aeroliña Cubana de Aviación o 6 de outubro de 1976 nas costas de Barbados.
«O tribunal atopa que a natureza e as circunstancias do delito pesan a prol do acusado. El está acusado de sete cargos relacionados con fornecer falsas declaracións, non de delitos de violencia ou doutros que directamente impliquen a seguridade da comunidade», sinala o fallo.
Posada Carriles é xulgado en EUA por por mentir na súa solicitude de cidadanía ao asegurar que ingresou por terra a se país e por non declarar un pasaporte que lle foi expedido
A Oficina de Inmigración e Aduanas (ICE) de EUA expresou a súa desilusión pola decisión xudicial e recordou que hai unha detención pendente contra o anticastrista, o que significa que «o señor Posada permanecerá baixo custodia federal».
Posada Carriles, de 79 anos de idade, permanece encarcelado no Centro de Detencións de El Paso en Texas.
Malia a condición de terrorista deste criminal e ás solicitudes realizadas por Venezuela, o Goberno estadounidense négase a extraditalo ao país suramericano para que sexa axuizado pola súa responsabilidade no atentado que cobrou a vida de 73 persoas en 1976.