Unha serie documental amosa a vida diaria duns mozos na capital iraquí. Este é o seu sétimo episodio: Sinfonía de balas.
Hometown Baghdad, serie documental que se pode seguir a través da rede, amosa a vida de varios habitantes da capital iraquí, de vinte e tantos anos. Segundo se explica na web da serie, “o valente equipo de técnicos e personaxes iraquís arriscan as súas vidas cada vez que gravan esta serie. Quérenlle amosar ao mundo como é a vida cando o teu fogar é un campo de batalla”. Até o momento, hai nove episodios producidos.