A Fiscalía e a Avogacía Xeral do Estado pedirán este martes no Tribunal Supremo que se prohiba Abertzale Sozialisten Batasuna (ASB)
A Fiscalía do Estado considera que ASB é unha formación paralela a Batasuna e que iso é motivo abondo para quedar fóra do xogo electoral. Aínda que Arnaldo Otegi dixo esta mesma semana que o novo partido cumpre “escrupulosamente” a Lei de Partidos, o departamento que dirixe Cándido Conde-Pumpido sinala que os promotores de ASB son os mesmos que conforman a Mesa Nacional de Batasuna.
O Tribunal Supremo será agora o encargado de decidir se hai argumentos para proceder á prohibición. Sexa como for, dende a esquerda independentista sinalaron que a ilegalización de ASB é “un golpe directo” ao proceso de paz e a unha saída negociada.