A débeda suma xa 14 millóns de euros. Só o Concello de Chantada presentara denuncia, no treito en que o PPdeG perdera o goberno local.
O BNG lugués quere que os concellos, ata un número de 16, imiten ao de Chantada. O alto tribunal déralle aos chantadinos a razón no proceso que segue coa Deputación de Lugo, á que que obriga a investir case seis millóns de euros neste municipio. O BNG inicia esta semana a presentación de mocións nos concellos afectados polo canon enerxético e nas que se insta a denunciar a Deputación de Lugo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O voceiro provincial do BNG, Antón Bao, insistiu en que é o momento de que a Deputación de Lugo "se faga cargo das débedas" que ten con eses concellos e que realice nestes os investimentos precisos.
"Hai que acabar con esta cuestión porque supón que os 17 municipios, incluídos o de Chantada, que tiña que recibir estes investimentos viron freado o seu desenvolvemento socioeconómico pola postura intransixente do PP na Deputación", recriminou Vao. O Bloque láiase de que a teimosía do presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, disparara a débeda até os 14 millóns de euros, "cando en 1993 o debido era nove millóns".