Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
PARA ESTUDANTES DE GALEGO OU PORTUGUÉS NOS PAÏSOS CATALANS

Certame literario "Contos no Mediterráneo"

Espazo Galego e as facultades de Lletres e Traducció i Interpretació da UAB convocan un concurso de relatos que premia o estudo do galego e do portugués nos territorios de fala catalá.

Redacción - 21:00 02/04/2007

Entre as novidades destacábeis desta I edición do premio literario Contos no Mediterráneo, está a de estar dirixido á mantenta a aquelas persoas que estudaran ou que están a estudar portugués ou galego en calquera centro de ensino localizado nos territorios dos Països Catalans. As entidades organizadoras terían a intención de chegar a un amplo sector de estudantes, xa que na presentación do concurso sinálase que na valoración dos traballos presentados vaise dar "prioridade á calidade e á creatividade literaria por riba da escolla normativa e da corrección lingüística".

O certame, que conta coa esponsorización do Centro Galego de Barcelona e a Galería Sargadelos, ten dúas categorías con tres premios cada unha delas. A categoría A, para menores de 18 anos, na que poderían participar estudantes de ESO que fan créditos optativos destas linguas, repartirá premios con lotes de música e libros. A categoría B, para maiores de 18 anos, ten un suculento primeiro premio de 1.000 euros e un segundo cunha viaxe a Lisboa.

Malia estar dirixido a persoas que tivesen realizado a formación nos territorios de fala catalá, o feito de haber liberdade normativa abre a posibilidade de que concorran textos realizados nas distintas solucións normativas existentes en Galiza, alén das variantes ortográficas portuguesas europea e de ultramar.

O prazo para a presentación dos relatos finaliza o 30 de abril e a entrega oficial de premios farase o 25 de maio na Biblioteca Bonnemaison de Barcelona. Os traballos premiados serán publicados nos sitios web do Departament de Filologia Francesa i Romànica da UAB, de Espazo Galego dos Països Catalans e tamén nesta sección de Barcelona de Vieiros.


Documentos

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: