Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo alcalde, Marcelo Ebrard, nun intento por reducir os índices de criminalidade da capital mexicana.
Desde esta semana, todo aquel cidadán de Mexico D.F. que lle entregue á policía un arma de gran calibre recibirá un ordenador persoal completo. Así mesmo, os que se desfagan dunha pistola ou revolver serán recompensados cunha consola de videoxogos Xbox 360.
A campaña conta co apoio de Microsoft, que entregou o software dos ordenadores e máis as consolas. As armas entregadas serán destruídas polo exército mentres que o goberno municipal, pola súa parte, comprométese a garantir o anonimato de aqueles que entreguen armas.