Santiago G. Avión é o autor de Remol, espazo na rede onde se publican textos, cantos e oracións.
Web de 'Remol'
O blogomillo prepárase para gozar da Semana Santa. Algunhas bitácoras deixarán de actualizarse por mor das vacacións dos seus autores, outras incluirán fotografías dos remotos lugares que visiten... Pero, ademais do lado lúdico destas datas, segue a haber unha cara relixiosa, que tamén ten o seu reflexo na blogosfera.
O blog Remol, cuxo autor é Santiago G. Avión, vai repasando toda a liturxia católica da semana e explicando o seu significado. Malia que aínda faltan uns días, xa están publicados os textos do xoves, do venres e do sábado.