A súa candidatura obtivo 177 votos, por 111 dos acadados pola lista do outro aspirante, Macías López.
Iria Aboi
Iria Aboi, da Unión da Mocidade Galega, colectivo xuvenil da Unión do Pobo Galego, é desde este domingo a nova secretaria xeral de Galiza Nova. Para a nova dirixente, estas dúas xornadas de asemblea serviron para pór enriba da mesa as “nosas debilidades e potencialidades” nun exercicio rico e democrático que deu como resultado o reforzamento “da nosa unidade”.
Este domingo o acto de clausura da X Asemblea Nacional de Galiza Nova correu a cargo de Francisco Jorquera, quen salientou a necesidade de que o BNG non perda o "espírito xuvenil". Nesta liña, o coordinador da formación nacionalista asegurou que, coma sempre, esta nova dirección de Galiza Nova vai contar con todo o apoio da formación política, mais apelou á autonomía da organización xuvenil para que nun exercicio de madurez se "corrresponsabalicen" do seu traballo.