Membros de Protecção Civil da Maia participarán na tarde deste domingo no sistema de emerxencias preparado para o choque entre celestes e brancos.
O destacamento luso chega a Vigo a petición da Protección Civil galega logo de que o pasado ano se asinase un protocolo de colaboración para este tipo de eventos. Serán catorce portugueses os que participen nas labores de prevención e resolución de emerxencias no estadio vigués co gallo do Celta – Real Madrid.
Antonio Lopes, coordinador do servizo de Maia sinalou que os seus colegas galegos solicitaron a axuda ante o complicado da fin de semana e adiantou que en maio devolveranlles a visita para axudar os peregrinos que acudan a Fátima.