Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concertos para o xoves

As raíces da música de Buika na Coruña

Catro actuacións dentro da Rede Galega de Música ao Vivo

Redacción - 19:17 29/03/2007
Disco de Concha Buika

Disco de Concha Buika

Concha Buika estará a partir das nove da noite no teatro Rosalía de Castro da Coruña. A cantante, nada en Mallorca pero de orixe guineana, ofrecerá un concerto que forma parte do programa Música con raíces de Caixanova. Presentará temas do seu último disco, Mi niña Lola.

Na mesma cidade, no pub La Tribuna, tocará ás once da noite o grupo tributo a Bob Dylan The Highlights. E, en Lugo, o grupo The Ellas, formado por Luís Tosar e Piti Sanz, dará a coñecer na sala Babel versións de temas dos anos 80 interpretados orixinalmente por voces femininas.

Rede Galega de Música ao Vivo
Dentro da rede promovida pola Consellería de Cultura haberá catro concertos. En primeiro lugar, Moon Cresta actúa ás dez da noite en La Casa de Arriba Pop, en Vigo. Dende as once, no Clavicémbalo de Lugo estarán Coda, e no pub d'Antón da Laracha, O Leo i Arremecághona.

Tamén na cidade olívica, na Fábrica de Chocolate, tocarán, dende as dez e media, Jabón Blue e Ataque Escampe, que interpretará temas como este Tango do Sintasol:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Luís Tosar con The Ellas, na Fábrica de Chocolate, o 7 de marzo
Luís Tosar con The Ellas, na Fábrica de Chocolate, o 7 de marzo
The Highlights, na Radio Galega
The Highlights, na Radio Galega