Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recupera a proposta de Arabia Saudita en 2002

A Liga Árabe relanza a oferta de paz a Israel

Ofrecen o recoñecemento de Israel e piden a retirada dos territorios capturados en 1967 e o estabelecemento do Estado palestino con Xerusalén leste como capital.

Redacción - 09:00 29/03/2007

A proposta fora elaborada por Arabia Saudita en 2002, e o cumio que a Liga Árabe celebra esta semana acordou recuperala como documento desde o cal flexibilizar a posición conxunta dos 22 países que integran o grupo. O obxectivo e conseguir a paz permanente na rexión.

Desde Israel ven con interese a iniciativa, pero xa apuntan a necesidade de introducir cambios na súa redacción. Os principais valedores do documento, Arabia Saudita, Exipto e Xordania, apuntan que é necesario que Israel dea o primeiro paso de aceptala para logo sentaren a discutir os detalles e os cambios. Convidado á xuntanza, o Alto Representante para a Política Exterior e Seguridade Europea, Javier Solana, declarou que "o importante é comezar as negociacións, para logo introducir as modificacións nas posturas iniciais que en toda negociación hai".

Poden ampliar en Haaretz e Yediot Ahronot.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: