Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xornada gastronómica e roteiro pola Raia Seca

A Esmorga achégase a Portugal

O centro social ourensán está a desenvolver unha serie de actividades que pretenden recuperar as semellanzas entre a nosa cultura e a do país veciño.

Redacción - 13:27 28/03/2007
Cartel do Jantar Português

Cartel do Jantar Português

Para o sábado 31, A Esmorga estrea o programa Jantares temáticos, cunha dedicatoria especial á cociña de Portugal. Dende as dúas da tarde, un máximo de 25 persoas degustarán olivas, enchidos e queixos como entrantes, bacallau á moda esmorgana como prato principal e pasteis de nata de sobremesa. Para beber, haberá vinho verde e tinto Dão. O prazo de inscrición remata a quinta feira 29 e o prezo do xantar será de dez euros.

A pasada fin de semana, a asociación, que forma parte da Coordenadora Galega de Roteiros, fixo un percorrido pola Raia Seca para comprobar as profundas vinculacións que existen entre as vilas galegas e portuguesas dos dous lados da fronteira. Durante o sábado e o domingo, visitaron distintos núcleos da zona, entre eles dous povos promíscuos, divididos entre os dous estados, degustaron a gastronomía da zona e asistiron a unha conferencia do historiador Dionisio Pereira.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: