Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Co Subcomandante Marcos á cabeza

O Exército Zapatista percorre México de novo

O EZLN retomou esta fin de semana a xira iniciada durante as eleccións presidencias de 2006, co fin de artellar unha fronte de esquerdas "contra a reconquista do capitalismo".

Redacción - 11:43 27/03/2007
A segunda parte de 'La otra campaña' iniciouse este domingo

A segunda parte de 'La otra campaña' iniciouse este domingo

O líder do Exército Zapatista de Liberación Nacional, EZLN, mexicano, o subcomandante Marcos, reiniciou esta fin de semana a xira La otra campaña (A outra campaña), que o vai levar por todo o país norteamericano.

O guerrilleiro e 14 comandantes (sete mulleres e sete homes) indíxenas zapatistas van percorrer México para formaren cos seus simpatizantes unha fronte de esquerdas, mais allea ao sistema de partidos políticos, segundo explicou o pasado domingo, nunha xuntanza en San Cristóbal de las Casas.

A "IV Guerra Mundial"
Marcos volveu criticar o modelo económico neoliberal, "a cuarta -o EZLN considera os procesos de colonización do século XX como a III GM- e a máis mundial da guerras", xa que o abrangue todo. Ademais, sinalou que "Latinoamérica vive unha guerra de reconquista do capitalismo, coa excepción de Cuba, a rebeldía crecente de Venezuela e a aínda por se definir especificidade de Bolivia".

Anunciou tamén a posta en marcha dunha "campaña mundial pola defensa dos territorios", coa participación de movementos que loitan pola terra noutras partes do planeta. "Latinoamérica xa é un dos novos escenarios da guerra de reconquista", sinalou, e engadiu que "os pobos indios de América terán, como hai 500 anos, o papel protagonista na resistencia".

La otra campaña
iniciouse en 2006, con motivo das eleccións presidenciais no país, e co fin de estabelecer contactos para a creación dun movemento nacional. Porén, a súa iniciativa ficou nun segundo plano, debido a disputa electoral entre o esquerdista Andrés Manuel López Obrador e o conservador Felipe Calderón, actual presidente mexicano.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: