O PSOE denuncia a CIPIE e a Comunidade de Madrid di que investiga o MPDL. As ONGs pensan que son acusacións partidistas previas ás eleccións.
Cando aínda a nosa memoria ten fresco o caso de Anesvad , cuxo presidente rematou en prisión acusado de malversación de fondos, agora na prensa afloran titulares sobre denuncias de partidos políticos por presuntos fraudes en ONG próximas a partidos.
Un dos casos saltaba á prensa o pasado 14 de marzo cando o eurodeputado socialista Carlos Carneiro instaba ao Parlamento Europeo a investigar a presunta manipulación de facturas de CIPIE -unha fundación que cualificaba como “directamente vinculada ao PP”- para xustificar gastos nun proxecto no Salvador do que recibiu unha subvención de 600.000 euros.
O outro caso aparecía o 22 de marzo. A Comunidade de Madrid anunciaba que abrirá unha investigación á ONG Movemento pola Paz, o Desarmamento e a Liberdade ( MPDL ) por “a malversación de 800.000 euros” correspondentes a un proxecto de cooperación ao desenvolvemento realizado en Marrocos.
Ante a denuncia do eurodeputado do PSOE, o Centro de Investigación, Promoción e Cooperación Internacional (CIPIE) ou, o que é o mesmo, a Fundación Iberoamérica Europa responde que son “unha das organizacións máis auditadas e por algo levamos 25 anos funcionando con normalidade”.
Pola súa parte, o Movemento pola Paz, o Desarmamento e a Liberdade (MPDL) desmente a información publicada pola Revista Época que deu lugar á denuncia da Comunidade de Madrid.
Poden ler a información completa no Canal Solidario.