Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O primeiro Plan Galego para o sector

Innovación e participación: a estratexia para as artes escénicas

O 13 de agosto de 1882 estreouse na Coruña a primeira peza de teatro galego, A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia. A Consellería de Cultura promove a celebración en 2007 do 125 aniversario do noso teatro, e prevé a redacción do primeiro Plan Galego das Artes Escénicas.

Redacción - 08:00 27/03/2007

Unha exposición didáctica itinerante, un congreso das artes escénicas, unha programación especial de espectáculos e unha campaña publicitaria de sensibilización social celebrarán ao longo do 2007 este aniversario. Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural; Miguel Martín, xerente do IGAEM; e Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego, presentaron xunto á conselleira de Cultura Ánxela Bugallo estas actividades. O seu obxectivo é promoveren o teatro como factor de afirmación da “identidade colectiva, de coñecemento da nosa historia e da nosa literatura, de extensión do uso do idioma, de manifestación creativa, e de desenvolvemento social”.

A exposición, comisariada por Carlos Biscainho, achegará a través de imaxes e obxectos a historia da actividade dramática galega. Inaugurarase na Coruña en xuño e percorrerá varias localidades galegas. Tamén na Coruña, o 13 de agosto, homenaxearase a obra e o autor que fundaron a dramaturxia galega 125 anos atrás. Xa no outono terá lugar o Congreso das Artes Escénicas de Galiza, e unha programación escénica especial. E na Rede Galega de Teatros e Auditorios, integrada por 45 concellos, distribuirase de balde a nova revista Paraíso.

Pola súa banda, o Plan Galego das Artes Escénicas, aprobado polo Consello Reitor do IGAEM en decembro, abre un proceso de reflexión: diagnose do sector, definición das políticas públicas e participación de todos os organismos e institucións que teñan que ver co teatro, configuran as liñas de acción para esta iniciativa. O plan dá resposta a unha demanda histórica do sector. As conclusións serán presentadas en outono no marco dunhas xornadas específicas. Os seus eixos estratéxicos son consolidar e fomentar os procesos de innovación na creación e xeración de contidos; promover e potenciar as industrias vencelladas ás artes escénicas; garantir a accesibilidade dos públicos ás actividades artísticas; consolidar o mercado de artes escénicas, e promover a internacionalización económica e cultural.


Documentos

3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Tarará - Chis - Pum!, do Centro Dramático Galego
Tarará - Chis - Pum!, do Centro Dramático Galego
Vacuo, proposta do Centro Coreográfico Galego
Vacuo, proposta do Centro Coreográfico Galego