 
Oito paneis solares quentan toda a auga usada diariamente polo Centro Oncolóxico de Galicia.
O sistema xa se comezou a aplicar noutras instalacións sanitarias do resto do Estado, pero é a primeira vez que se fai en Galiza.   
 
  A pé do Centro Oncolóxico de Galicia, Fundación Xosé Antón Quiroga y Piñeyro, un total de oito paneis termodinámicos cobren o requirimento enerxético do edificio. Segundo explica o xerente do centro, Fernando Cachafeiro, o proxecto supuxo o gasto de 24 mil euros, investimento que garante de agora en diante o quecemento do 100% da auga que precisa a actividade do centro hospitalario. 
 
  O equipo técnico, instalado pola empresa coruñesa Solar PST, garante o subministro durante as 24 horas mesmo en días nubrados, xa que as placas termodinámicas instaladas absorben a temperatura  ambiente ao longo do día, transmitíndoa directamente a un acumulador térmico. Calcúlase ademais que esta pequecha aposta polas enerxías renovábeis contribuirá a reducir o equivalente a unha emisión de CO2 de até oito toneladas. A nivel estatal só outro hospital sevillano desenvolvera un proxecto similar.
 
						
									 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto